Foron entregados os premios do concurso de Poesía de Nadal de Monforte
A tenente de alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2023 aos nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.
Os premios, que se entregaron na Casa da Cultura, foron fallados polo xurado o pasado 16 de xaneiro para premiar aos participantes no concurso convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.
Gloria Prada, que desculpou a ausencia do alcalde, por ter compromisos como presidente da Deputación de Lugo, fixo entrega de diverso material escolar aos gañadores e gañadoras e agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, así como dos profesores e profesoras implicados no certame, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ao longo do ano.
Os premiados, por categorías
Na Categoría A, de ata 8 anos, levaron o premio Valentina Feáns Pérez do CEIP A Gándara, o alumnado de de 3º B do CEIP Plurilingüe de Monforte, o alumnado de 3º B, do CEIP A Gándara e o alumnado de 3º A do CEIP Plurilingüe de Monforte.
Na Categoría B, de 9 a 12 anos, os premiados foron Antón Nieves Rodríguez do Colexio A Gándara, Julia Piñeiro Vázquez do CEIP Plurilingüe Monfort, Irea González García do Colexio Ferroviario e Teo Ledo Escudero do Colexio Ferroviario. Tamén levaron accésit Irina Torres Aguiar, Manuela González González e Sabela Payo Sánchez, do Colexio PP Escolapios; e Hugo Gándara Penha e Iker Rodríguez Rodríguez, do Colexio PP Escolapios.
Na Categoría C, de 12 a 16 anos, só levou premio Julia Gema González Romero, do IES Río Cabe.