Formoso subliña en Sarria e Monforte que o PSdeG "volva a ser referente para a esquerda en Galicia”

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O candidato subliña que “o PSOE foi sempre o vehículo do cambio na sociedade e iso é o que nós queremos que sexa o PSdeG”.
Sarria Valentin gonzalez formoso
24 Oct 2021

O candidato subliña que “o PSOE foi sempre o vehículo do cambio na sociedade e iso é o que nós queremos que sexa o PSdeG".

“Queremos un PSdeG que volva a ser referente para a esquerda en Galicia, que non se resigne a ser terceira ou segunda forza”. Con esta mensaxe Valentín González Formoso deixou claro, nos seus encontros coa militancia de Sarria e Monforte, que non se resigna a asumir que a situación actual do PSdeG en Galicia é irreversible.

“Nas enquisas publicadas hoxe, que revelan a intención de voto da sociedade galega, vemos como o PSdeG continúa perdendo peso”, afirmou o candidato á Secretaría Xeral do PSdeG, que engadiu que “o próximo día 30 de outubro decidiremos se nos serve este camiño no que estamos sumidos ou se é necesario un cambio, un novo impulso, facendo autocrítica e xerando un proxecto que ilusione e volva a conectar coa cidadanía para recuperar o lugar que nos corresponde”.

Formoso lembrou que “o PSOE foi sempre o vehículo do cambio na sociedade e iso é o que nós queremos que sexa o PSdeG, un partido unido, que poña todo o talento que ten dentro a disposición de Galicia”. “Por iso nos últimos días presentamos 10 medidas para sumar e avanzar, que inciden na mellora da participación, na reconexión coa sociedade, no emprego e a industria como eixos prioritarios, na aposta pola igualdade, na recuperación do talento e na defensa dos intereses de Galicia”, subliñou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17559289932251