Folgoso organiza unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición
RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 19 de xullo

Baixada de Carrilanas, Folgoso do Courel
17 Jun 2025
Folgoso do Courel acollerá o próximo 19 de xullo unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición, unha cita que busca poñer en valor as tradicións o folclore popular e que é ademais un punto de encontro para a veciñanza do Courel.
O programa, que se dará a coñecer próximamente, incluirá a tradicional baixada de carrilanas, unha olimpíada rural de xogos tradicionais e música durante todo o día.