Folgoso do Courel será o escenario da celebración do Día da Poesía na montaña lucense
RibeiraSacraXa
O vindeiro xoves, 21 de marzo, o salón de actos do Concello de Folgoso do Courel acolle un encontro poético organizado pola Furgoteca.
14 Mar 2024
O vindeiro xoves, 21 de marzo, o salón de actos do Concello de Folgoso do Courel acolle un encontro poético organizado pola Furgoteca.
Así, con motivo do Día Mundial da Poesía, as poetisas Yolanda Álvarez, Beatriz Dourado, Brenda Mondelo, Beatriz Pin e Amdrea Valle; así como os poetas Urbano Arza, Antón Cando e Xesús Afonso Parada, recitarán algúns dos seus poemas para amosar que a poesía segue viva na montaña lucense.
O acto, que se desenvolverá entre as 11.30 e as 13.00 horas, finalizará cunha visita ao museo da Madeiroteca do Courel, creada por Urbano Arza e coa posterior realización dunha repoboación de castiñeiros nun monte veciñal de man común para conmemorar o Día da Ábore.