Folgoso do Courel facilita un mapa con vías alternativas para acceder ao municipio

RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel facilita un mapa con las vías alternativas para acceder al municipio tras el hundimiento de un tramo de la LU-651.
mapa accesos
25 Mar 2022

O Concello de Folgoso do Courel facilita un mapa coas vías alternativas de acceso ao municipio despois do derrubamento de 200 metros da estrada LU-651 entre Folgoso e Quiroga, ao seu paso por Santa Eufemia.

Desde o Concello precisan que O Courel non quedou illado, que hai moitas outras entradas e cada unha ten o seu encanto. Convidan, polo tanto, a seguir descubrindo o territorio a través deses accesos alternativos.

"Que non deixen de vir visitarnos", expón a rexedora, Lola Castro.

O pasado domingo fundiuse un tramo da estrada LU-651 que une os concellos lucenses Folgoso do Courel e Quiroga. O afundimento produciuse no quilómetro 18,3 debido ao colapso dunha galería dunha canteira de lousa que traballa na zona.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15304517745972