Folgoso do Courel e Quiroga, principais afectados por mor dos lumes

RibeiraSacraXa
Os municipios de Folgoso do Courel e Quiroga, dous dos grandes perxudicados polos efectos nocivos dos lumes
Medios anti incendios
22 Xul 2022

Segundo datos da Consellería do Medio Rural, os incendios forestais que teñen lugar en A Pobra do Brollón e en Seceda, seguen sen estar controlados.

Ambos atópanse en situación 2 debido á proximidade do lume con sendos núcleos de poboación. Tanto o que afecta ás parroquias de Vilamor (Folgoso do Courel) e Saa (A Pobra do Brollón) que xa leva queimadas máis de 10.500 hectáreas. Coma o incendio que ten lugar en Seceda, con máis de 1.100 hectáreas arrasadas polo lume.

Está sendo fundamental a axuda tanto dos veciños da zona como das brigadas que traballan de xeito incansable nos traballos de extinción: técnicos, axentes, así coma os diferentes medios empregados entre os que se atopan motobombas, helicópteros e avións.

Con respecto aos incendios do concello de Quiroga, o da parroquia de Nocedo foi estabilizado, afectando a un total de 15 hectáreas e o de Outeiro está controlado, arrasando polo de agora arredor de 250 hectáreas.

0.21415090560913