Folgoso do Courel acolleu a clausura do obradoiro dual Sillor IX no que participaron 20 alumnos

RibeiraSacraXa
Os 20 alumnos traballadores que participaron durante un ano no obradoiro dual Sillor IX, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta con 534.
Clausura Obradoiro de Folgoso
12 Out 2023

Os 20 alumnos traballadores que participaron durante un ano no obradoiro dual Sillor IX, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta con 534.000 euros recibiron os seus diplomas nun acto organizado polo Concello de Folgoso do Courel, asociado cos de Ribas de Sil e Quiroga.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de clausura, no que destacou que o alumnado formouse na especialidade de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

Ademais dos contidos teóricos, adquiriron experiencia realizando prácticas remuneradas, durante as que se centraron especialmente na mellora do pavimento de numerosas rúas dos tres concellos, ademais de levar a cabo outros traballos como a dotación de mobiliario urbano en distintas zonas.

Arias destacou que o orzamento destinado a este obradoiro inclúe incentivos para a contratación de todos os participantes en empresas durante un mínimo de tres meses ao finalizar o ano de duración. Isto permitirá que o alumnado acceda a un emprego e continúe adquirindo experiencia.

“Os obradoiros son moi demandados polos concellos porque permiten conxugar a formación teórica coa práctica profesional, e realizan traballos que supoñen un aforro para as arcas municipais”, dixo Arias. Así mesmo, apuntou que proximamente poranse en marcha novos talleres de emprego financiados pola Xunta na provincia de Lugo.

0.18411493301392