Folgoso do Courel acollerá este sábado a presentación do libro ‘Andante Solitario’

O Concello de Folgoso do Courel acollerá o 7 de febreiro, ás 16:30 horas, a presentación do libro ‘Andante Solitario’.
A obra, escrita pola veciña do concello Hilda Honorata Suarez García, ofrece un achegamento ás súas memorias e ao mundo rural. A presentación terá lugar no salón de actos do Concello.