Folgoso do Courel acolle diversas actividades pola súa Festa da Cultura e a Tradición

RibeiraSacraXa
Todo comezará coa baixada de carrilanas este sábado 20 de xullo, que sairá do antigo colexio e rematará na Praza de Fondo de Vila
Baixada-de-Carrilanas-Folgoso-do-Courel
19 Xul 2024

Folgoso do Courel acolle este sábado, 20 de xullo, a Festa da Cultura e a Tradición organizada pola asociación cultural A Coroa e o Concello de Folgoso e coa colaboración da comisión de festas de Folgoso, a Xunta de Galicia, o Xeoparque Montañas do Courel e da Deputación de Lugo.

Desta maneira, a festa comezará ás 12.30 horas coa baixada de carrilanas que sairá do antigo colexio e rematará na Praza de Fondo de Vila.

Xa ás 14.00 horas abrirá a Feira de Artesanía e Exposición de xogos tradicionais no Souto da Carroza. No recinto da festa, ademais de exposición e venda de produtos, haberá servizo de polbo e churrasco.

Xa ás 15.00 horas terá lugar a actuación do grupo O Ventosiño e ás 16.00 horas serán os campionatos de xogos tradicionais como arrebolamento de sacho, lanzamento de boina, chave, billarda, corte con tronzón…

Xa cara á noite, ás 20.00 horas terá lugar a entrega de trofeos e ás 21.00 horas será a cea popular con pancetada e empanada na praza do Concello. Xa ás 22.00 horas terá lugar a actuación de Dúo Explosión e ás 23.00 horas será o concerto de Mario Colomán & The Clocks Band, rematando a verbena co Dúo Explosión.

0.19405603408813