Folgoso do Courel acolle a XVII Festa da Solidariedade coas persoas maiores

RibeiraSacraXa
O evento, que terá lugar o vindeiro 28 de setembro, acollerá unha comida popular para todas as persoas de 65 ou máis anos
festa-maiores-Folgoso-do-Courel
2 sep 2024

O Concello de Folgoso do Courel organiza a XVII Festa da Solidariedade coas persoas maiores o vindeiro 28 de setembro, sábado, dedicada a todas as persoas de 65 anos ou maiores que estean empadroadas no Concello.

O evento, que se desenvolverá no CPI Poeta Uxío Novoneyra, será gratuíta para todas as persoas de máis de 65 anos que se acheguen, así como para un acompañante de cada persoa.

Durante esta xornada, ademais, terán luga a iniciativa os Cantos de Taberna na súa VI edición a partir das 19.00 horas e na que participarán 12 grupos de música tradicional polos establecementos A Cova das Mouras en Vilamor, O Pontón en Ferreirós de Abaixo, Acampamento en Esperante, Anduriña en Seoane, o Bar Pombo en Seoane e o Bar Rafael en Seoane.

O Concello porá a disposición de todas as persoas participantes na festa un autobús gratuíto que seguirá distintas rutas:

  • Ruta 1: Pedrafita – Paderne – Miraz – Villasibil – Meiraos, ás 12.30 horas.
  • Ruta 2: Ferramulín – Visuña – Campelo – Mostaz – Esperante, ás 11.00 horas.
  • Ruta 3: Noceda – Piñeira – Seoane, ás 11.00 horas.
  • Ruta 4: Froxán – Vilamor – A Ponte de Valdomir – Folgoso – Ferreirós de Arriba, ás 11.00 horas.
0.11181688308716