Folgoso do Courel abre o prazo para anotarse nunha excursión ao Balneario Augas Santas

RibeiraSacraXa
A actividade inclúe un circuito termal dunha hora e media de duración
balneario-augas-santas
13 Feb 2026

O Concello de Folgoso do Courel anunciou a apertura do prazo para inscribirse na excursión ao Balneario Augas Santas, situado en Pantón. As persoas interesadas poden anotarse chamando aos números 982 433 001 ou 982 433 134.

A actividade realizarase o próximo xoves pola tarde e inclúe un circuito termal dunha hora e media de duración. O prezo para empadroados será de 12 euros, e o Concello estableceu un máximo de 20 prazas.

As saídas faranse desde Seoane e desde Folgoso, e concretaranse unha vez pechadas as listas de inscritos.

⚙ Configurar cookies
0.080250978469849