Folgoso acolle esta semana un encontro para axentes locais e asociacións

RibeiraSacraXa
Será este martes, 22 de xullo, co obxectivo de identificar iniciativas singulares e boas prácticas en materia de asociacionismo, así como abordar ferramentas de marketing dixital no contexto rural
concello-folgoso-courel
Casa do Concello de Fogoso do Courel
21 Jul 2025

O Salón de Actos do Concello de Folgoso do Courel acollerá este martes, 22 de xullo de 2025, ás 17:30 horas, un encontro dirixido a axentes locais e asociacións no marco do proxecto NATUR-SMART.

A iniciativa está impulsada pola Universidade de Valladolid e a Fundación Agroecosistema, co apoio da Confederación de Organizacións de Selvicultores de España (COSE) e a Asociación Forestal de Galicia. O obxectivo é identificar iniciativas singulares e boas prácticas en materia de asociacionismo, así como abordar ferramentas de marketing dixital no contexto rural.

A actividade forma parte dun ciclo de dous encontros, que continúa o 23 de xullo en O Carballiño. A asistencia é libre e gratuíta, mais precisa de inscrición previa nos teléfonos 981 564 011 e 618 752 214 ou a través do correo electrónico afg@asociacionforestal.org.

⚙ Configurar cookies
0.39397621154785