Foi presentada a I Ciclocross Concello de Taboada
RibeiraSacraXa
Arredor de 200 ciclistas participarán nesta proba deportiva puntuable para a Copa Galicia nun percorrido que, segundo os organizadores, é "inmellorable"
18 Out 2024
A I Ciclocross Concello de Taboada, que será o próximo 27 de outubro do 2024, foi presentada no Concello de Taboada coa participación de representantes do Club Os Túzaros, do Club Ciclista Chantadino, da Federación Galega de Ciclismo e do propio Goberno local.
Arredor de 200 ciclistas participarán nesta proba deportiva puntuable para a Copa Galicia nun percorrido que, segundo os organizadores, é "inmellorable, xa que se xoga coa propia orografía da vila, cruzando regatos, pasando por soutos e o centro do pobo".
Ademais, para acompañar esta proba, Taboada acollerá tamén o sábado 26 os Cantos de Taberna, unha cita á que se invita a toda a veciñanza e acompañantes, así como o será a 27 capital do ciclismo galego.