Finalizados os traballos de acondicionamento da contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada

O Concello de Chantada acaba de rematar o acondicionamento do entorno da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, un templo declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no 2018, coincidindo co recoñecemento do paisaje cultural da Ribeira Sacra.
Para levar a cabo os traballos, o Concello contou cunha subvención da Consellería de Cultura, a través da Axencia de Turismo de Galicia, destinada á mellora de infraestruturas turísticas. O orzamento total ascendeu a 53.000 euros, dos cales o Concello aportou 20.000 euros.
As labores realizadas pola administración local incluíron a limpeza do enlosado de pedra situado diante da igrexa e a aplicación dunha capa de formigón coloreado con textura barrida no entorno. Tamén se colocou unha franxa para separar o cemento dos enlosados. Durante a execución realizáronse os controis arqueolóxicos pertinentes.
Un dos aspectos máis importantes da intervención foi a eliminación do cableado eléctrico aéreo mediante o seu enterramento, canalizando tanto os cables das vivendas próximas como os das farolas públicas. Ademais, instalaron novas luminarias LED que, segundo explican desde o Concello, “supón un maior aforro e teñen unha estética máis acorde co entorno”.
Estas melloras contribúen a optimizar a accesibilidade ao templo e a seguridade das instalacións, que constitúen un atractivo turístico destacado en Chantada. O Concello leva tempo traballando para poñer en valor esta igrexa, que é un dos monumentos máis visitados tanto no municipio como na Ribeira Sacra, grazas ás súas pinturas murais e á súa privilexiada ubicación na cima do meandro coñecido como Cabo do Mundo.
De orixe románico e cunha fachada do século XVIII, a igrexa consta dunha única nave con arco triunfal. No seu interior destacan as pinturas murais restauradas na segunda década do século XXI, que representan ciclos con influencia gótica e elementos renacentistas. Entre elas sobresaen escenas do Xuízo Final, a Paixón de Cristo, a Anunciación e a Coronación da Virxe. Estas obras valéronlle a Santa María de Nogueira o alcume de “Capela Sixtina Galega”.
“O Concello ten a obra civil feita, estánse acondicionando as zonas ajardinadas e agora Naturgy ten que enganchar as novas acometidas e así se poderán retirar os dous postes de formigón. Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas vinculadas co patrimonio e acabar co feísmo nos entornos destes espazos que teñen tamén un importante valor turístico”, destaca o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.