Finaliza o prazo de inscrición na formación universitaria para maiores de 50 anos de Sober

RibeiraSacraXa
O programa leva por título ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ e desenvolverase do 11 ao 19 de maio no Edificio do Centro Comarcal.
miniatura monforte programa usc maiores
24 Maio 2022

Este mércores 25 de maio finaliza o prazo de inscrición para anotarse nunha nova edición do programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello de SOber.

O programa leva por título ‘Camiños de coñecemento e experiencia. Proceso de democratización do coñecemento’ e desenvolverase do 30 de maio ao 9 de xuño. Está composto por diversos seminarios formativos, con sesións teóricas e prácticas. É totalmente gratuíto e para participar non é necesario posuír ningunha formación previa específica.

As sesións impartiranse no Centro Sociocultural de Sober, en horario de 16.30 a 18.00 horas. As persoas interesadas en asistir poden solicitar máis información ou inscribirse no Concello de Sober ou no Centro Sociocultural, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou chamando aos teléfonos 982 460 001 e 982 460 513.

OS CONTIDOS

‘Camiños de coñecemento e experiencia’ arrancará o 30 de maio co seminario ‘Dando luz ao románico... Escoitando o falar das imaxes petrificadas’, impartido por Carolina Casal Chico, profesora do Programa Universitario de Maiores da USC e doutora en arte medieval.

O seminario de Carolina Casal completarase o 2 de Xuño coa visita a San Xillao de Lobios e a San Vicenzo de Pinol.

Para o 6 de xuño quedará o seminario "Especies invasoras", impartido por María Teresa Rodríguez López, doutora en Bioloxía e profesora do Programa Universitario de Maiores da USC.

O 7 de xuño será o turno de Nerea Varela Castro, colaboradora no Programa Universitario para Maiores da USC co seminario "Simboloxía das cores", que terá unha sesión práctica ao día seguinte cunha saída polos arredores.

A formación completarase o 9 de xuño con outra saída aínda por determinar a cargo de María Teresa Rodríguez López.

0.21431589126587