Fina Casalderrey presenta o seu libro 'A muller xabaril' este venres en Chantada

RibeiraSacraXa
A escritora, profesora e xornalista pontevedresa, Fina Casalderrey, presenta en Chantada o seu libro 'A muller xabaril' este venres, 3 de maio, ás 20.
Fina Casalderrey
30 Abr 2024

A escritora, profesora e xornalista pontevedresa, Fina Casalderrey, presenta en Chantada o seu libro 'A muller xabaril' este venres, 3 de maio, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Chantada.

Durante a xornada, intervirán, ademais da autora, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e o escritor e crítico, Manuel Eyré; e o acto completarase coa actuación da Banda de Música de Chantada.

Fina Casalderrey foi a pregoira da 41 Feira do Viño de Chantada e dese encontro nace esta presentación como explica o concelleiro de cultura, Manuel Diéguez: “No xantar oficial da Feira do Viño falouse da posibilidade de presentar aquí un dos libros de Fina Casalderrey e desde o Concello fixemos todo o posible para que así fora con esta presentación de A muller xabaril”.

A autora, principalmente de literatura infantil e xuvenil, trae a Chantada o 3 de maio a súa primeira novela para adultos na que nos presenta a Adelina, unha muller de apariencia vagabunda e marxinada que agocha unha historia tráxica. A novela escrita en galego xoga co tempo e viaxa pola circunstancia social da ditadura de Primo de Rivera, a Transición, a II República, a Guerra Civil ou a posguerra.

0.20521998405457