Festas patronais en O Courel na honra á virxe do Carme

RibeiraSacraXa
Festas patronais no municipio de O Courel na honra á virxe do Carme os días 18 e 19 de agosto coa actuación de diversas orquestras
festas courel portada
17 Ago 2022

Folgoso do Courel celebra os días 18 e 19 de agosto as súas festas patronais.

Maña xoves terá lugar ás 10.00 horas un pasarrúas co grupo de gaitas O Recanto de Quiroga, ás 13.00 horas haberá misa solemne e procesión, ás 18.00 horas xogarase un partido de fútbol de solteiros e nenos contra casados e xa pola noite, ás 20.30 horas terá lugar a actuación do solista Julio Ferrín na praza do Concello e ás 21.30 horas actuará a orquestra Gran Parada.

O venres 19, o programa de actuacións comezará ás 10.30 horas co pasarrúas do grupo de gaitas Brabán da Pobra do Brollón, ás 13.00 horas haberá misa solemne presidida polo Bispo de Lugo, procesión e sesión vermú co mesmo grupo de gaitas no mesón O Mirador.

Ás 18.30 horas terá lugar “o mellor espectáculo infantil do momento”.

festas courel
0.20087099075317