Festas patronais en Ferreira de Pantón os días 21 e 22 de agosto

Chegan esta fin de semana a Ferreira de Pantón as festas patronais, o domingo 21 e o luns 22.
O domingo a celebración comezará ás 11.00 horas con música na rúa e máis tarde terá lugar a sesión vermú nos bares de Ferreira, da praza de Goián.
Ás 17.30 horas terá lugar a iniciativa Infantilandia na praza do Concello con xogos para os mais pequenos e xa ás 21.30 a noite estará amenizada polas orquestras Saudade e Gran Parada.
Para o luns 22 tamén haberá música na rúa coa posterior sesión vermú, pola tarde os xogos de Infantilandia trasladaranse á piscina municipal e pola noite será a quenda do DJ Espaevent e da orquestra Tango.
