Festas, festivais e moita música este verán na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón programa unha axenda repleta de actividades festivas para este verán
17º-ribeira-sacra
22 Xuño 2024

O Concello da Pobra do Brollón programa unha axenda repleta de actividades festivas para este verán. Este sábado terá lugar o Festival Fin de Curso Samoeito, o venres comeza o San Xoán en Eixón e o sábado terá lugar a Festa de San Pedro.

Xullo tampouco defrauda. O sábado 6 haberá Feira Guímara e o 13 terá lugar a Foliada en Canedo. O domingo 14 chega o vermú musical participativo con Xisco Feijóo. O programa continúa o 19 co Orgullo Guímaro, mentres que o sábado 20 e domingo 21 a música será protagonista no segundo Festival Brindadeira.

Castroncelos estará de festa do día 24 ao 26 e os amantes do patrimonio teñen unha cita o xoves 25 coa xornada de portas abertas na escavación de Vilarello. O sábado 27 é a quenda do Festival 17º en Vilachá.

0.18482303619385