Ferreiros e Forgas acollerán o II Festival Brindadeira da Pobra do Brollón
Volve celebrarse o II Festival Brindadeira da Pobra do Brollón, que levará a improvisación oral a Ferreiros en forma de brindo, regueifa e freestyle e tamén en Forgas, aldea dos afamados brindeiros Veloso, aos que se lles fará unha homenaxe con música e un mural colaborativo.
Esta segunda edición celebrarase os vindeiros 20 e 21 de xullo con diversas actividades, comezando o sábado ás 19.00 horas no local social coa charla ‘Brindando na Guimaralia’ resultados dos obradoiros de 2023. Logo, ás 20.30 horas terá lugar o Brindo e regueifa con Erre que Erre e colegas no campo de festa e rematará o día coa festa Freestyle con Big Meu e colegas.
Pola súa parte, o domingo 21 comezarán as actividades ás 11.30 horas cun paseo de Ferreiros a Forgas, saíndo do campo da festa; e ás 12.30 horas rematarán os actos coa elaboración dun mural colaborativo como homenaxe aos brindeiros de Forgas ás 12.30 horas, seguido dun vermú musical que rematará cun xantar de romaría.