Ferreiros acolle esta fin de semana a terceira edición do festival de improvisación Brindadeira

RibeiraSacraXa
O evento, organizado polo Concello da Pobra do Brollón xunto coa asociación veciñal de Ferreiros, terá lugar no local social e no campo da festa.
festival-brindadeiraa-a-pobra-do-brollon
Festival Brincadeira 2024
15 Jul 2025

A parroquia de Ferreiros, na Pobra do Brollón, celebrará este sábado 19 e domingo 20 de xullo a terceira edición de Brindadeira, un festival dedicado ao brindo, un xénero de improvisación oral cantada propio desta zona da montaña lucense e do Bierzo.

O evento, organizado polo Concello da Pobra do Brollón xunto coa asociación veciñal de Ferreiros, desenvolverase no local social e no campo da festa parroquial cun amplo programa de actividades.

O sábado ás 18:30 horas comezará un obradoiro de brindo para todos os públicos. Ás 20:00 horas haberá espectáculo de brindo e regueifa co colectivo Erre que Erre e micro aberto. A xornada continuará cun concerto dos cantareiros de Cántigas e Frores e unha sesión de La Sincereza DJ.

O domingo, ás 11:30 horas, celebrarase unha andaina guiada por veciñas e brindeiras, que rematará coa primeira Cata de Tortillas ‘Brindadeira’, na que se poderán compartir e degustar tortillas. As tres mellor valoradas recibirán un premio. Todas as actividades son de balde e de entrada libre.

⚙ Configurar cookies
0.16628384590149