Ferreira de Pantón xa se prepara para as súas festas patronais

As Festas Patronais de Ferreira de Pantón volven un ano máis do 16 ao 18 de agosto en honra a Santa María de Ferreira. O sábado 16, a xornada comezará ás 11:30 horas con sesións vermú nos bares de Ferreira e continuará ás 14:00 horas na Praza de Goián. Pola noite, a partir das 22:30 horas, celebrarase unha verbena coa actuación do grupo D’Kriss e unha sesión de DJ.
O domingo 17 terá lugar unha misa solemne acompañada pola actuación musical de Trícole. Durante todo o día, manteranse as sesións vermú tanto na capital municipal como en Goián. Ás 17:30 horas comezarán as actividades infantís de Infantilandia na Piscina Municipal. Xa pola noite, as orquestras Sinfonía e Principal animarán a festa desde as 21:30 horas.
O luns 18, as sesións vermú repetiránse a partir das 11:30 horas. Pola tarde, ás 17:30, as actividades infantís de Infantilandia trasladaranse á Praza do Concello. O peche das festas contará coa actuación das orquestras Saudade e Combo Dominicano ás 21:00 horas.