Falece Ricardo Rodicio, tenente de alcalde da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón está de loito pola morte de Ricardo Rodicio, natural de Castro Caldelas e tenente de alcalde desde 2011.
Rodicio, militante do BNG, foi unha persoa destacada no goberno local xunto ao rexedor José Luís Maceda, a quen acompañou nos últimos mandatos. Ata 2019 desempeñou tamén o cargo de responsable comarcal da organización.