Faia actuará na igrexa románica de Veiga no marco do ciclo de Novas Músicas Galegas da Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
Faia actuará na igrexa románica de Veiga no marco do ciclo de Novas Músicas Galegas da Pobra do Brollón deste ano
12 Jul 2023
A Pobra do Brollón acollerá unha xornada do ciclo de Novas Músicas Galegas coa actuación de Faia este domingo, 16 de xullo, no aparcadoiro de Finca Robles, en Veiga.
Así, antes do concerto, as persoas que se acheguen a partir das 11.00 horas poderán coñecer historias e recunchos da parroquia de Veiga, da man de Alejandro Armesto, e da histórica Finca, da man de Noelia Besteiro e José Manuel Leiras.
Despois, tras escoitar a singular música de Faia na igrexa románica de Veiga, haberá unha sesión vermú con pinchada a cargo de Bigote Mix no exterior da igrexa con barra e petiscos.