Fabiola García anunciou a ampliación da residencia de persoas con discapacidade de Bóveda
O Centro para Persoas con Discapacidade de Bóveda acolleu a visita da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompañouna na súa visita, na que anunciou a ampliación da residencia de persoas con discapacidade Domus Vi.
A conselleira destacou que estas instalacións permiten ofrecer atención de calidade e adaptada ás distintas necesidades das persoas con discapacidade.
A Xunta de Galicia financia con máis de 3 millóns de euros anuais as 114 prazas coas que conta este centro na actualidade.
Mediante as obras de ampliación previstas, a residencia contará con 48 novas prazas que permitirán achegar atención a máis persoas.
O alcalde, José Manuel Arias, agradeceu o compromiso de todos os que fixeron posible este proxecto, que se construirá en solo dotacional, a carón da actual residencia.
A conselleira avogou por un rural vivo, dinámico e con servizos mentres facía, xunto co alcalde, un acto simbólico de escavar a terra.