Exposición de fotografía no Saviñao

RibeiraSacraXa
Non te quedes atrás en canto á información. Entérate de todas as noticias que afectan ao teu concello e provincia
25 Xan 2021

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao acolle unha exposición do fotógrafo ourensán Bruno Taboada González.

Trátase dunha serie de fotografías de distintos lugares do mundo agrupadas baixo o título xenérico de Horizontes.

A mostra pode visitarse ata o vindeiro venres 29 no baixo da biblioteca en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

0.065487146377563