Éxito nas visitas románicas durante estos meses en Chantada

Un total de 148 persoas gozaron do patrimonio románico de Chantada. En total dende o 21 de xullo ata o 27 de setembro foron 148 as persoas interesadas en realizar as visitas guiadas que tiñan lugar todos os luns nas devanditas datas.
A ruta incluía visitas a igrexas como a de San Salvador de Asma, Santa María de Pesqueiras e San Cristovo de Fornos, estando esta última pechada ao público dende fai anos.
Esta nova forma de turismo cultural pon en valor a arte da zona e achega elementos cotiás do día a día aos seus veciños.
As visitas eran rutas guiadas polos profesionais de Máis que Románico sendo estas impulsadas polo Concello de Chantada.
