Éxito da XIII edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Dez agrupacións da zona animaron a noite do sábado
cantos-de-taberna-brollon
9 Dec 2025

A Pobra do Brollón viviu este sábado 6 de decembro unha xornada festiva e multitudinaria coa celebración da XIII edición dos Cantos de Taberna, que reuniu dez agrupacións chegadas tanto do propio municipio como de diversas localidades da comarca.

A partir das 18:00 horas, os grupos foron pasando polos cinco bares participantes nesta edición: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e Vella Taberna, na Pobra do Brollón, e Salanova, en Salcedo. O percorrido rematou arredor das 22:00 horas, aínda que, como é tradición, a festa continuou nos establecementos a modo de foliada, prolongándose ata entrada a noite.

Entre as agrupacións locais participaron Cantareiras de Fornelas, Os Corenta e Chinco, Os Somontanos e a Escola de Música Samoeiro. De fóra do municipio acudiron Os Bochetas do Sil (Sober), Os Ministreles (Monforte), Os Parrandas (O Barco de Valdeorras), Os Tarabelos (O Saviñao), Son do Mao (Bóveda) e Triskeles (Monforte). Todas elas contribuíron a crear un ambiente animado e a consolidar este evento como unha cita destacada no calendario cultural da zona.

⚙ Configurar cookies
0.075539112091064