Excelentes resultados para o Club Quixós na II Copa Galega Trofeo de Promoción de Slalom

RibeiraSacraXa
O club monfortino acadou a primeira posición por equipos e regresou con seis medallas a nivel individual, con dobre ouro para Xoel Fernández
quixos-infantil
13 Apr 2026

O Club de Montaña e Piragüismo Quixós acadou uns excelentes resultados na súa participación na II Copa Galega Trofeo de Promoción de Slalom, onde logrou proclamarse primeiro na clasificación por equipos, pechando unha competición cun balance moi positivo.

No plano individual, destacou especialmente Xoel Fernández Méndez, que conseguiu dúas medallas de ouro nas categorías K1 infantil e C1 infantil, sendo un dos grandes protagonistas da proba.

Tamén subiu ao podio Juan Barquero Suárez, quen obtivo a medalla de prata en K1 benxamín. Pola súa parte, Breixo Fernández Méndez logrou a prata en C1 alevín, mentres que Manuel Rodríguez Pérez acadou o bronce en K1 alevín.

0.11765098571777