Eugenia González foi a gañadora do sorteo do Rally do Comercio 2024 da CCU Monforte

RibeiraSacraXa
Eugenia González Rodríguez gañou no sorteo do Rally do Comercio 2024 un premio único de 3.
CCU Monforte premio Rally do comercio
28 Abr 2024

Eugenia González Rodríguez gañou no sorteo do Rally do Comercio 2024 un premio único de 3.150 euros en compras no Centro Comercial Urbano de Monforte.

Unha compra de 58,90 euros no establecemento asociado á entidade, Los Sueños de Uxía, fixo posible que Eugenia goce "deste espectacular premio" que puido gastar entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 17.00 e as 20 horas para facer as compras nos 35 establecementos asociados ao CCU que fixeron posible esta actividade.

Desde a CCU agradecen a todos os participantes promover esta iniciativa e tamén informan de que ademais do CCU, a iniciativa contou coa colaboración da Xunta de Galicia.

0.18440008163452