Este xoves unha xornada de bingo especial terá lugar no Centro Social de Quiroga

RibeiraSacraXa
O Centro Social de Quiroga organiza para este xoves, 24 de agosto, unha xornada de bingo especial despois do éxito que tivo o campionato de tute.
centro social Quiroga bingo
23 Ago 2023

O Centro Social de Quiroga organiza para este xoves, 24 de agosto, unha xornada de bingo especial despois do éxito que tivo o campionato de tute. Nesta iniciativa poderán participar todas as persoas que queiran, achegándose polas instalacións do centro social.

Así, a partir das 17.00 horas terá lugar esta actividade que fomenta a relación entre os veciños e veciñas do municipio, así como é un momento de diversión e de mellora das capacidades cognitivas dos participantes, xeralmente maiores.

Os premios serán dous menús para os primeiros que canten bingo na Botica e para os segundos dúas botellas de viño da adega local Lar de Ricobao.

O último campionato, o de brisca, será o xoves, 31 de agosto e as persoas interesadas en participar por parellas poden ir anotándose na cafetería do centro.

0.14954805374146