Este venres terá lugar a última actividade do programa 'Ler conta moito' de Monforte

RibeiraSacraXa
Este venres, 6 de outubro, terá lugar a representación da obra ”Maxiatola e lectora” a cargo do Leo Leíño ás 12.
Ler conta moito Monforte
5 Out 2023

Este venres, 6 de outubro, terá lugar a representación da obra ”Maxiatola e lectora” a cargo do Leo Leíño ás 12.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura e está orientada a alumnos e alumnas de primeiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

O Concello de Monforte organiza esta actividade dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Biblioteca Municipal, que comezou o pasado 22 de setembro e incluíu diversas iniciativas.

“O obxectivo deste programa é dar a coñecer e fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Monforte" destacou o alcalde, José Tomé Roca.

Así, o venres 22 de setembro tivo lugar a representación da obra “A Maga Sargantana”, a cargo de Los últimos Teatro; e o 29 de setembro foi a obra “Unha maxia diferentes”, por O Mago Paco.

Cartel Ler conta moito outono 2023
0.19592905044556