Este venres abren as piscinas municipais de Quiroga para o desfrute da veciñanza

RibeiraSacraXa
A primeira xornada de apertura, como todos os anos, será de balde para todas as persoas que se acheguen
piscina-Quiroga
26 Xuño 2024

As instalacións das piscinas municipais do Concello de Quiroga abrirán ao público este venres, 28 de xuño, e pecharán o 7 de setembro; e como todos os anos, a primeira xornada de apertura, a entrada será de balde.

As piscinas municipais, que manteñen os prezos de entrada e de bonos de anos anteriores, abrirán todos os días en horario ininterrompido desde as 12.00 horas do mediodía ás 20.00 horas do serán.

Xunto coa apertura das piscinas, tamén se abre o servizo de cafetería, que estará dispoñible no mesmo horario co que contan estas instalacións municipais.

Deste forma, preténdese dar comezo á tempada estival no municipio dando a benvida ás actividades ao aire libre propias desta época do ano e poder gozar do verán e practicar deporte nas instalacións que brinda o Concello de Quiroga.

0.12686800956726