Este sábado terá lugar unha clase de biodanza organizada pola Asociación Landra de Taboada

A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada organiza para este sábado, 14 de outubro, unha actividade de biodanza no ximnasio da Casa da Cultura do Concello de Taboada de 17.00 a 19.00 horas.
Así, coa colaboración dos socios, da Diputación de Lugo e do Concello de Taboada, celebrarán un evento no que mellorar a saúde mental e física das persoas participantes, que deberán pagar un prezo de 10 euros.
Alelí Taboada Rodríguez, psicóloga e facilitadora de biodanza será a encargada de impartir a clase, na que a través da música e o movemento, os asistentes aumentarán o nivel da súa saúde, comunicación e creatividade.
