Este sábado o Ucoga CB Chantada poderase proclamar campión de Liga matematicamente

RibeiraSacraXa
Este sábado 25 de marzo o Ucoga CB Chantada poderase proclamar campión de Liga matematicamente se gaña ao Marín Ence Peixegalego.
baloncesto
24 Mar 2023

Este sábado 25 de marzo o Ucoga CB Chantada poderase proclamar campión de Liga matematicamente sempre e cando gañe o partido ao Marín Ence Peixegalego.

O equipo chantadés xogará na casa a partir das 18.30 horas no pavillón municipal e dende a directiva da club piden á veciñanza que se acheguen a desfrutar do baloncesto con roupa vermella e con antelación ao partido para que, dende o quentamento, a grada vermella vibre como merece a ocasión.

O Ucoga CB Chantada é o equipo galego máis antigo na Liga EBA e ademais foi cinco veces Campión da Copa Galicia.

UCOGA baloncesto Chantada
0.16714596748352