Este sábado as persoas interesadas poderán percorrer o Roteiro do Ouro de Margaride
RibeiraSacraXa
A ruta, gratuíta, comezará este sábado, 20 de xullo a partir das 09.00 horas na Casa da Cultura de Quiroga
19 Jul 2024
O Concello de Quiroga organiza unha nova excursión da man de Iván, o guía de Coureleando, na que as persoas que participen poderán percorrer o Roteiro do Ouro de Margaride de maneira gratuíta.
Así, comezará este sábado, 20 de xullo a partir das 09.00 horas na Casa da Cultura de Quiroga, chegando a Margaride ás 09.20 horas, onde, ás 09.30 horas, visitarán a explotación aurífera e arredores.
Xa ás 11.20 horas terá lugar a visita ás minas de Caspedro e, ás 13.00 horas, visitaranse tamén as Minas das Medas, para rematar, media hora despois, cando regresarán ao punto de encontro.