Este sábado A Pobra do Brollón celebra as súas festas na honra a San Pedro
A Pobra do Brollón celebra este sábado, 1 de xullo, as súas festas na honra a San Pedro, nas que os veciños e veciños poderán desfrutar de música, comida e máis actividades sociais.
Así, ás 20.30 horas do sábado, terá lugar o pasarrúas a cargo da charanga TDB Terras do Bibei, que amenizará o comezo destas festas para que veciños, veciñas e visitantes gocen de boa música.
Pero non sí haberá música, ás 21.30 horas celebrarase a gran enchenta de marisco de cortello na praza da Condesa, onde as persoas que se acheguen poderán degustar estes alimentos de alta calidade.
Por último, ás 23.00 horas Catuxa Salom actuará para todos os asistentes e, despois, acompañará a verbena a charanga TDB de novo e, por último, a solista Nuncy Valcarcel poñerá a guinda do pastel no final das festas.