Este luns remata o prazo para anotarse na XV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón organiza celebrará o domingo 26 de outubro a XV Xuntanza de Veciñas e Veciños, un evento pensado para fomentar a convivencia e o lecer na comunidade. A xornada incluirá un xantar popular, amenizado con música, e un sorteo de agasallos.
O evento contará con servizo de transporte gratuíto. As persoas interesadas deberán solicitalo no momento da inscrición, que poderá realizarse ata este luns, 20 de outubro, na Biblioteca municipal, nas instalación da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, en horario de 10:30 a 13:30. As persoas maiores de 60 anos e os seus cónxuxes ou parellas, así como os menores de 14 anos, contarán cun prezo reducido.