Este fin de semana chega a IX edición do Quiroga Trail Challenge

RibeiraSacraXa
Este fin de semana chega a IX edición do Quiroga Trail Challenge
Quiroga Trail Challenge
3 Feb 2023

Esta fin de semana ten lugar a IX edición do Quiroga Trail Challenge, un circuíto de trail pola Serra do Courel, no Castelo e no Monte Lor.

Hai 1.160 persoas inscritas que participarán das diferentes carreiras que se celebrarán entre o sábado e o domingo, que sairán desde o albergue de Quiroga e rodearán o Xeoparque do Courel e algúns circuítos chegarán ata Ribas de Sil.

Desas 1.160 persoas, 900 correrán o sábado e unhas 450 o domingo, coincidindo algúns dos que corren nalgunha das categorías do sábado, nas do domingo, nas que tamén poden participar. É dicir, haberá xente que só compita nunha categoría o sábado ou o domingo e outros que competirán nunha categoría o sábado e outra o domingo.

O sábado están programadas catro categorías de carreira: o circuíto ultra de 60 quilómetros, o maratón de 44 quilómetros, o trail de 25 quilómetros, o minitrail de 17 quilómetros e tamén hai convocada unha andaina de 17 quilómetros.

Para o domingo, haberá só dúas categorías: o trail de 27 quilómetros e o minitrail de 15 quilómetros.

Material obrigatorio

Para poder participar nas diferentes carreiras, os participantes deberán levar consigo unha manta térmica, un silbato, un dorsal frontal durante toda a proba, unha luz traseira (acendida cando sexa de noite), guantes, gorro, depósito de auga dun litro, móbil con batería, cortaventos impermeable, mallas e camiseta térmica.

Os candidatos favoritos

Como favoritos da distancia ultra estarán Fernando Arca e José Manuel Gil (gañadores do ultra e circuíto ultra, respectivamente), ademais do cántabro Fidel Fernández.

En mulleres, a vasca Silvia Trigueros (tres veces gañadora do Tor de Geants) e a madrileña Carla Junquera.

Na maratón disputarán os primeiros postos o cántabro Sergio Besoy e a mallorquina Angels LLobera, ademais de destacados representantes do trail galego e doutras comunidades.

Potenciación do turismo e economía

Blas Rodríguez, director do evento, destaca que esta iniciativa é un potenciador da economía e turismo da comarca de Quiroga, xa que ao participar tanta xente, veñen acompañados e xeran riqueza na zona.

Así, argumentou que xa están case todos os bares con reservas para comer e a hostelería tamén está case ao 100% na comarca de Quiroga, na Rúa, no Barco de Valdeorras e en Monforte.

Ademais, hai 20 etablecementos colaboradores, 140 voluntarios e o 20% corredores son fóra de Galicia, cunha presenza importante de Portugal.

0.19309902191162