Este domingo terá lugar a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública na que participará a Pladesapu

RibeiraSacraXa
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do sur de Lugo (PLADESAPU), segue a denunciar o "completo estado de abandono no que está a atención sanitaria do distrito" e anima a todos a protestar na manifestación convocada en Santiago o día 4 de febreiro por SOS Sanidade Pública.
2 Feb 2024

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do sur de Lugo (PLADESAPU), segue a denunciar o "completo estado de abandono no que está a atención sanitaria do distrito" e anima a todos a protestar na manifestación convocada en Santiago o día 4 de febreiro por SOS Sanidade Pública.

Hai uns días pronunciábanse ante a "aberrante falta de médicos en moitos dos centros de saúde da contorna", motivo polo cal incluso chegaron a convocar unha concentración. Así, volven a cargar contra a xerencia pola situación do hospital comarcal, xa que "a día de hoxe o hospital segue sen un médico dixestivo propio, xa que a facultativa que ocupaba ese oco está de baixa e non se cubriu con outro médico, polo cal están a vir de Lugo unha vez á semana a facer colonoscopias e gastroscopias".

Por outra parte, denuncian que as listas de espera son "astronómicas, xente que leva máis dun ano a esperar por unha revisión que non chega. E cando pase algo, como que alguén sexa diagnosticado tarde por culpa desta demora, ninguén asumirá responsabilidades, coma sempre".

Ademais, critican o "colapso que está a sufrir o hospital estos días, porque temos unha atención primaria débil, incapaz de funcionar como debe e filtrar os casos máis leves para que non rematen en urxencias. Ocorreu o que viñemos avisando, unha atención primaria mermada e ineficaz que deriva nunhas urxencias hospitalarias colapsadas, pacientes respiratorios ingresados en camas quirúrxicas e pacientes quirúrxicos ingresados en maternidade, todo sumado a sobrecarga dun persoal que traballa sempre baixo mínimos".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18481302261353