Este domingo desenvolverase a Andaina Val de Quiroga de Primavera
RibeiraSacraXa
A ruta, de 13 quilómetros, rematará no centro social de Quiroga, onde haberá uns pinchos para os participantes
30 Maio 2024
A Andaina Val de Quiroga de Primavera desenvolverase este domingo, 2 de xuño, a partir das 09.30 horas, cando as persoas participantes sairán da praza de España de Quiroga.
A ruta, que será duns 13 quilómetros, percorrerá desde Quiroga ao Miradoiro de Vilañán a través dun camiño de dificultade media-baixa e con reagrupamentos e rematará no centro social, onde haberá uns pinchos.
A actividade é gratuíta para todas as persoas interesadas, que deberán ser mínimo 20 e máximo 55 persoas, que deberán apuntarse da Casa da Cultura.