Este ano non haberá Wolf Survival Race en Chantada

RibeiraSacraXa
Os organizadores da Chantada Wolf Survival veñen de anunciar que este ano non poderán celebrar o evento a pesar de intentalo "ata o último momento" e de que puxeron "todos os nosos esforzos para que tivera lugar".
Wolf Survival Race Chantada
17 Ago 2023

Os organizadores da Chantada Wolf Survival veñen de anunciar que este ano non poderán celebrar o evento a pesar de intentalo "ata o último momento" e de que puxeron "todos os nosos esforzos para que tivera lugar".

Así, din que lles dá moita pena "por todos vós, participantes, que non parastes de preguntarnos e estivestes pendentes ata o último segundo, porque sabemos que vos encanta o espírito wolf", pero tamén o senten polos patrocinadores, colaboradores e voluntarios, "que sempre estades aí e sabemos que este ano non ía ser menos".

Rematan o seu comunicado explicando que son conscientes de que "é un duro golpe para todos, podedes crernos que para ninguén máis que para nós", pero que, por razóns alleas á organización, "non foi posible".

0.14187812805176