Estabilizado o incendio en Torbeo, Ribas de Sil, que xa leva arrasadas máis de 40 hectáreas

RibeiraSacraXa
Estabilizado o incendio en Torbeo, no municipio de Ribas de Sil, que xa leva arrasadas máis de 40 hectáreas
helicoptero incendio forestal lume
16 Aug 2022

A Consellería do Medio Rural vén de informar da situación dos incendios forestais na Ribeira Sacra. Foi estabilizado o que tivo a súa orixe na parroquia de Torbeo, en Ribas de Sil, e que leva queimadas máis de 40 hectáreas.

Para a súa extinción empregáronse 29 axentes, 54 brigadas, 28 motobombas, 2 avións e 11 helicópteros.

Con respecto ao orixinado en Frontón, no concello de Pantón, atópase activo dende as 22.39 horas de onte. Leva arrasadas xa máis de 20 hectáreas e estanse a empregar 2 técnicos, 7 axentes, 16 brigadas e 11 motobombas para a súa extinción.

A consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

0.15776991844177