Esta semana darán comezo en Chantada as actividades gratuítas para maiores no Edifico Multiusos

O Concello de Chantada dará comezo esta semana coas actividades gratuítas para maiores no Edifico Multiusos, promovidas pola institución municipal.
A primeira das clases será a de encaixe de bolillos, que terá lugar este luns, 19 de xaneiro. O mércores, 21 de xaneiro, haberá unha clase de pintura ao óleo e o venres 23 será a quenda da clases de pintura en tea. Por último o martes da seguinte semana, día 27 de xaneiro, darán comezo as clase de bordado.
Todas as actividades desenvolveranse en horario de 16:30 a 19:30 horas e para participar as persoas interesadas poden solicitar información en inscribirse de 09:00 a 14:00 horas a través dos Servizos Sociais de Chantada no teléfono 982 462 299.