Esta noite rematará o horario de verán para dar comezo así ao de inverno

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Na madrugada do sábado 29 ao domingo 30 de outubro rematará o horario de verán para dar comezo así ao horario de inverno.
cambio-de-hora-veran-inverno
28 Oct 2023

Na madrugada de hoxe, sábado 28, ao domingo 29 remata o horario de verán para dar comezo así ao horario de inverno. Así, terase que retrasar o reloxo e ás 3 da mañá serán ás 2, polo que esa noite gañarase unha hora máis de sono.

De esta forma, o cambio no último domingo de outubro ten como obxectivo acadar un aforro enerxético e aproveitar as horas de luz natural. Os cambios de hora prodúcense dúas veces ao ano, unha en marzo e outra agora, en outubro.

Desde fai varios anos hai un debate na Unión Europea sobre si a medida é realmente útil. Fai dous anos chegouse a falar que sería o último con este cambio, pero nada máis lonxe da realidade.

Malia iso, o Parlamento Europeo seguía sendo partidario de acabar con esta variación no ano 2021 e a UE reclamou que os países comuniquen o uso horario que desexan antes do próximo mes de abril.

En todo caso hai administración que sinalan que hai mellores solucións para que o consumidor e as empresas aforren en electricidade en pleno século XXI. Hai argumentos tanto en contra como a favor de seguir cambiando a hora dúas veces ao ano.

0.15800595283508