Espertamonforte presenta dúas mocións para o seu debate no pleno municipal
O grupo municipal Espertamonforte presenta mocións no pleno de Monforte nas que esixe a defensa do ensino público no interior galego e outra con respecto ao soterramento do cableado e a retirada dos paus de luz do medio das rúas.
Con respecto á primeira, desde o partido político explican que presentan a moción en defensa polo ensino público poñendo como exemplo, ademais doutros, o IES Río Cabe, que comeza o curso coa metade do persoal de Pedagoxía Terapéutica a pesar de aumentar o alumnado.
Así, din que desde Espertamonforte e a Plataforma Interior Galego Vivo esixen que a corporación municipal de Monforte, neste caso, esixa á Xunta de Galicia que respecto os seus acordos con respecto aos rateos de profesorado acordadas no ‘Acordo de Melloras’ de outubro de 2023, así como tamén esixen que se pida un aumento de horas para orientación pedagoxía terapéutica nos centros de ensino do interior galego.
Pola súa parte, con respecto á segunda moción, piden que o equipo de goberno lle esixa á empresa que corresponda a retirada dos paus de luz que se atopan polas rúas da cidade e o soterramento do cableado.