Espertamonforte pide mellorar, aumentar e promocionar as rutas do municipio de Monforte
Espertamonforte leva a pleno unha moción sobre as rutas no Concello, xa que "na sesión de Pleno da Corporación de Monforte de Lemos de xaneiro de 2022, presentamos unha pregunta sobre rutas de sendeirismo no Concello, ao que o alcalde contestou que estaban traballando nelo. Agora, pasados xa dous anos, e á vista de que non se produciu ningunha nova sobre o tema, traemos unha nova moción", explican.
Por iso, din que repiten "o que diciamos naquel entón: que a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra teñen rutas de sendeirismo polo medio natural e por sendeiros acondicionados a tal fin, moitos homologados, publicitados e por sendeiros naturais e maioritariamente por fora do asfalto, pero é triste que a capital da Ribeira Sacra teña como ten as súas rutas".
Así, explican que hai a que vai de Ribasaltas ao San Mateo, "falta de sinalización e nunhas condicións bastantes deficientes. As demais, son rutas de paseo eminentemente urbanas que transitan polo asfalto. Tamén cabe mencionar o Paseo de Monforte a Piñeira e a realizada polos veciños do Monte Comunal de Distriz, nunhas deficientes condicións por falta de mantemento".
Ademais, o Concello de Monforte, no rural e paisaxístico, "non ten monitorizada ninguna ruta para que os veciños e turistas poidan desfrutar do medio natural en zonas do entorno, como pode ser o Mirador do Duque, Serra da Penela, o entorno do Río Cabe ou a zona monfortina da Cubeta, entre outros".
Por todo isto, sosteñen que "queremos que o noso Concello ten lugares paisaxísticos de moita fermosura e que merecerían de ser coñecidos a través de sendeiros para andainas, homologados e publicitados".
En definitiva, desde Espertamonforte solicitan ao pleno facer un estudo de rutas de sendeirismo por diversos lugares do Concello, financiar e acondicionar de forma progresiva cada unha das que se considere e publicitalas a través de redes sociais para que chegue a información a todos os veciños e de forma directa aquelas persoas, loca is ou foránes,que practiquen o sendeirismo.