Esperta Monforte pide incrementar as subvencións para a Asociación de Comerciantes do Centro Comercial Urbano

RibeiraSacraXa
Solicitarán no Pleno “que o Concello de Monforte de Lemos incremente a contía da subvención nominativa entregada anualmente ao Centro Comercial Urbano en 12.000 euros”
monforte-rua-comercio
Monforte de Lemos
16 Feb 2025

Esperta Monforte plantexará no vindeiro pleno a posibilidade de incrementar a subvención que anualmente recibe a Asociación de Comerciantes Monfortinos do Centro Comercial Urbano.

“Sabemos que esta asociación conta con arredor de 160 socios. É certo que non inclúe todos os comercios de Monforte, pero si unha gran maioría. Entre 2015 e 2024 recibiu un total de 104.000 euros. Calquera que queira comparar esta cifra coas subvencións concedidas a clubs deportivos, festivais, feiras ou festas observará unhas diferenzas cando menos chocantes”.

Entenden que o comercio é “un sector que cómpre defender, valorar e apoiar dende este Concello”, polo que consideran que se debería “traballar para incrementar a contía asignada como subvención nominativa”.

Sinalan que “estes cartos repercuten ano tras ano na cidade, traducíndose en multitude de campañas e actividades organizadas por esta asociación”.

Por iso, piden ao Pleno da Corporación “que o Concello de Monforte de Lemos incremente a contía da subvención nominativa entregada anualmente ao Centro Comercial Urbano en 12.000 euros”.

0.17267489433289