Esperta Monforte pide ao Concello que colabore co concurso de proxectos empresariais Semente Ribeira Sacra

Esperta Monforte presentará no pleno do Concello de Monforte de Lemos unha moción para pedir a colaboración do organismo municipal co concurso de proxectos empresariais Semente Ribeira Sacra. Lembran que a iniciativa leva activa máis dunha década e que conta co apoio de numerosos concellos e insitucións.
Para Esperta Monforte resulta “sorprendente” que o Concello de Monforte non colabore con este proxecto monfortino mentres si o fai cun evento similar como é o Encontro Nacional de Emprendedores Creativos ao que lembran, o executivo destinou o ano pasado unha achega de 5.000 euros. Por iso, pedirán no pleno “que o organismo municipal reconsidere a súa postura con respecto a participación activa e colaboración con Semente Ribeira Sacra”.