Esperta Monforte manifesta a súa oposición ao peche do Bar Anchoas

RibeiraSacraXa
Defenden o Malecón “como espazo de encontro, non como un proxecto fracasado”
bar-anchoas-monforte
Bar Anchoas
2 Jun 2025

Esperta Monforte manifesta a súa oposición ao peche e demolición do bar Anchoas, un establecemento que consideran “símbolo do verán e do espírito monfortino”.

Segundo sinalan desde Esperta Monforte, o Malecón “non é só un paseo á beira do río; é un punto de encontro, un refuxio emocional, unha xanela aberta á vida social, cultural e económica de Monforte”. Desde o partido afirman que espazos coma este “constrúen comunidade” e critican que a súa xestión actual non estea poñendo en valor o seu potencial.

Afirman que “converter este espazo nun proxecto de infraestruturas fracasado, como construír unha ponte que divide en lugar de une, é un erro que pagaremos caro en termos de cohesión social, revitalización económica e calidade de vida”.

Desde Esperta Monforte consideran que a recente clausura de Anchoas “non é un incidente illado”, senón un exemplo máis dunha “falta de visión” nas decisións sobre o futuro urbano de Monforte. Tamén cren que a cidade “non se pode permitir seguir caendo presa de proxectos sen visión, de decisións que ignoran as opinións e os sentimentos da nosa xente”. Por todo isto, reiteran a súa defensa do Malecón “como espazo de encontro, non como un proxecto fracasado”.

⚙ Configurar cookies
0.6787531375885